Monday 06 de May de 2024

O luns abre o prazo de inscrición para os cursos de alfabetización dixital para maiores


O luns 9 de xaneiro abre o prazo de inscrición para os cursos de alfabetización dixital para persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello de Oleiros. Estes obradoiros teñen como obxectivo o manexo do móbil dun xeito xeral e coñecemento dos seus usos principais.

Os cursos celebraranse entre xaneiro e xuño nas casas do pobo de Dorneda, Lorbé e Iñás, en Casa Charry en Oleiros e en Casa Echeverry en Perillo. Para informarse sobre os horarios e o nivel da cada curso é posible dirixirse ao departamento de Servizos Sociais e Igualdade.

Para apuntarse as persoas interesadas en participar deberán chamar ao 981 610 000 en horario de 16.00 a 18.00 h, a partir do próximo luns.